Xaque a Jakobusland – xadrez temático de viquingos contra galegos
€18,00 (IVE incluído)
Xadrez temático que representa as invasións normandas a Galicia. O taboleiro imita un antigo pergameo, e cada unha das pezas un personaxe histórico ou lendario relacionado relacionado con estes eventos. Trátase dun proxecto de deseño, ideal como agasallo, que recolle un dos períodos máis apaixonantes da nosa historia. Polo reverso do taboleiro, e nas marxes do mesmo, inclúense descripcións dos distintos personaxes e mapas das razzias dos nórdicos en Galicia e Europa.
Descripción
Descripción
Xaque a Jakobusland é un xogo de xadrez temático sobre as incursións viquingas en Galicia dos séculos IX a XI. As pezas brancas correspóndense con distintos personaxes da Galicia medieval e do ciclo xacobeo e as pezas negras representan aos normandos e a figuras da súa mitoloxía. Os trebellos do xogo están troquelados sobre cartón e se inspiran en moedas medievais de distintas formas. Na “cara” aparecen as ilustracións dos distintos personaxes nun estilo que imita o das miniaturas dos códices iluminados, e na “cruz” inclúese unha icona máis convencional da peza de xadrez que representa. Cada unha das fichas “negras” leva marcado un dos 16 signos do alfabeto rúnico viquingo. O taboleiro está feito dun material sintético que imita pergameo, no que por diante está impreso o espazo de xogo co perfil do mapa de Galicia superposto e unha breve explicación dos personaxes ás marxes; e polo reverso, aparece un amplo infográfico composto dun mapa da expansión normanda por Europa e o Atlántico norte, cinco mapas das distintas vagas de invasións sobre Galicia, unha cronoloxía da Idade Viquinga e unha breve explicación dos principais tipos de barcos e tácticas de guerra. Este soporte está pensado para ser enrolado e pechado cunha cinta a modo de diploma medieval, cinta da que se pode pendurar a bolsiña de tea de saco para as fichas. A modo de broche, inclúese unha chapa cun deseño a elixir entre reproducións de escudos viquingos ou imaxes dos personaxes do xogo.
Compoñentes:
- Lona flexible de alta calidade, enrolable e impermeable, impresa polas dúas caras a toda cor.
- 36 fichas de cartón de alta densidade de 2 mm de grosor e de entre 25 e 32 mm de diámetro, estampadas a dúas caras a toda cor. As 18 fichas normandas están marcadas cos diferentes signos do Futhark Novo, de xeito que poden ser empregadas nos xogos de runas.
- 18 fichiñas de cartón de 10 mm de diámetro, impresas a dúas caras a toda cor.
- Unha bolsiña de tea de saco para gardar as fichas.
- Unha cinta de peche.
Valoracións (0)
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.