Libro Xaque a Jakobusland – Cómo se fixo o xadrez dos viquingos en Galicia

22,00 (IVE incluído)

Neste libro se entrelazan a historia das invasións viquingas a Galicia coa historia da arte e a apaixonante historia do xadrez, seguindo a crónica do “making of” dun proxecto persoal, detallando as decisións creativas e as fontes de inspiración.

20 dispoñibles (pode reservarse)

SKU: IGL-XAJ-LB-0001 Categoría:

Descripción

Descripción

O libro Xaque a Jakobusland – Como se fixo o xadrez dos viquingos en Galicia segue a crónica da creación do xogo Xaque a Jakobusland – o xadrez dos viquingos en Galicia, nun relato no que se fían a Historia de Galicia, a Historia da Arte e a Historia do xadrez xunto coa explicación dos personaxes representados no xogo. Amplamente documentado e ilustrado con fotografías e debuxos a toda cor, comentadas polo miúdo nun apéndice, inclúe abondosos mapas sobre a expansión dos viquingos por Europa, Asia e o Atlántico norte, así como os seus posibles movementos polo noroeste peninsular. Nas súas 330 páxinas tamén se atopa información sobre temas diversos, como a cultura e mitoloxía normanda, a numismática medieval, o alfabeto rúnico, o ciclo xacobeo, as fortificacións da Galicia medieval e a antroponimia galega e escandinava da época. Tamén se apunta a presenza no territorio do antigo Reino de Galicia de dous dos xogos de xadrez máis antigos do continente: as pezas de San Xenadio e as pezas Xadrez de San Rosendo.

Aínda que o libro e o xogo forman un conxunto e se enriquecen mutuamente, pódense adquirir e desfrutar por separado.

Valoracións (0)

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Recent Comments

    Categories

    • Non hai categorías

    Carriño