Descubre Xaque a Jakobusland, o xogo de xadrez temático e o libro das invasións viquingos a Galicia!
Que é Iagosland?
Iagosland é a galeguización da verba norrena Jakobusland, o nome que daban os viquingos a Galicia. Trátase dunha marca centrada no deseño e desenvolvemento de proxectos creativos e culturais relacionados coa temática do paso dos normandos pola nosa terra.
Esta mestizaxe funciona a dous niveis: na creación de narrativas e na concepción estética dos produtos.
Unha marca inspirada en Jakobusland, a Galicia das sagas nórdicasComo produtora de contidos narrativos, Iagosland traballa a dous niveis: dunha banda, céntrase no estudo e na divulgación dos relatos que teñen chegado ata nós sobre as incursións dos lordemans en Galicia (tratando sempre de distinguir os feitos históricos das lendas, máis sen rexeitar estas últimas como parte substancial da tradición) e doutra na elaboración de contidos lúdicos e de entretemento inspirados neses relatos. Neste sentido, o obxectivo é ofrecer unha visión épica e evocadora da nosa paisaxe que aporte unha nova emoción a elementos patrimoniais, trazando unha liña que vai dos fiordes sucados polos drekar ás rías onde dormen as nosas dornas, dos escuros bosques boreais ás nosas sombrizas carballeiras, das vellas sagas aos contos en torno ás lareiras…
Unha produtora de contidos narrativos e documentaisAdemais dese enfoque temático, Iagosland trata de pór en primeiro plano o deseño visual dos seus produtos. Neste eido, o obxectivo é ensaiar unha mestizaxe no tempo e no espazo entre tradición e modernidade, deseño escandinavo e novas tendencias autóctonas. Así, trátase de atopar o punto de fusión entre as imaxes dos vellos códices miniados e o moderno grafismo da banda deseñada, entre o minimalismo da arquitectura escandinava e a austeridade dos nosos edificios medievais, entre o estilo case cubista das tallas nórdicas e o expresionismo pétreo das esculturas románicas e prerrománicas…
Un laboratorio de deseñoPártese do convencemento de que este apaixonante imaxinario, unido ás novas formas de creación, comunicación e entretemento que abren os novos medios, pode contribuír non só á divulgación do noso patrimonio, senón á activación económica do mesmo dentro dunha lóxica de sostibilidade social e ecolóxica do noso mundo rural.
Un dobre foco: desenvolvemento e sostibilidadePor que Iagosland?
Produtos e servizos
Productos dixitais descargables
Para o seu uso dixital ou impresión doméstica- E-books, apps e book apps Pósters Xogos Print & Play (descargables e imprimibles na casa) Clip arts Xoguetes recortables / pregables en papel.
Produtos físicos:
Non imprimibles na casa- Xogos de mesa (Xogos de cartas, wargames, xogos de rol, xogos de mesa tradicionais tanto galegos como escandinavos…) Libros Gadget (camisolas, tazas, pousavasos…) Xoguetes tradicionais e artesanía (runas, artesanía en madeira, etc).
Actividades
Experiencias viquingas- Cursos e charlas sobre o tema dos vikingos en Galicia. Obradoiros de deseño inspirado na arte medieval, tanto galega como escandinava. Experiencias ao aire libre dirixidas ao ámbito do ensino, o entretemento ou o turismo: rutas guiadas, eventos temáticos, xogos de rol en vivo, performances, etc.
Prensa
Quen é Iagosland

Pablo Culebras
Creador de proxectos multimedia e deseñador gráfico
Tras licenciarse en Comunicación Audiovisual pola Universidad Complutense de Madrid e a Università degli Studi dei Bologna, comezou a súa carreira como ilustrador, animador e creador de contidos en Milán. En 2010 volveu a Galicia, onde comezou a interesarse polas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías no ámbito do turismo, a educación e o entretemento.
Desde sempre foi afeccionado ao estudo da historia, a natureza e o folklore da súa terra; materias que emprega como fonte de inspiración para a súa outra gran paixón: a creación de historias, contidos interactivos e mundos imaxinarios a través de distintos soportes.
Contacto