{"id":635,"date":"2019-11-26T23:44:12","date_gmt":"2019-11-26T23:44:12","guid":{"rendered":"http:\/\/codex21.gal\/?p=635"},"modified":"2019-11-26T23:44:12","modified_gmt":"2019-11-26T23:44:12","slug":"actividades-para-os-centros-educativos-da-area-de-terraloba","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/galike.net\/codex21\/2019\/11\/26\/actividades-para-os-centros-educativos-da-area-de-terraloba\/","title":{"rendered":"Actividades para os centros educativos da \u00e1rea de Terraloba"},"content":{"rendered":"<p class=\"p1\">O prop\u00f3sito destas actividades \u00e9 po\u00f1er en contacto directo ao alumnado dos colexios e institutos de Terraloba co patrimonio (natural, hist\u00f3rico\/arqueol\u00f3xico, lendario, topon\u00edmico, etc) da zona correspondente a cada centro, axudalos a comprender o seu valor e as relaci\u00f3ns que se poden establecer entre os distintos elementos, dende un enfoque multidisciplinar que permita un co\u00f1ecemento integral da paisaxe circundante. Ao mesmo tempo, as actividades permitir\u00e1n vehicular varios contidos inclu\u00eddos na programaci\u00f3n did\u00e1ctica.<\/p>\n<p class=\"p1\"><b>Materias e cursos<\/b><\/p>\n<p class=\"p1\">Nestas actividades poden participar docentes e grupos de calquera curso de Educaci\u00f3n Primaria ou Secundaria, a\u00ednda que est\u00e1n especialmente pensadas para os cursos de 4\u00ba, 5\u00ba e 6\u00ba de Primaria e de 1\u00ba, 2\u00ba e 3\u00ba da ESO. Entre as materias que poder\u00edan estar m\u00e1is directamente involucradas est\u00e1n as de Ciencias Sociais, Xeograf\u00eda e Historia, Lingua Galega e Literatura, Lingua Castel\u00e1 e Literatura, Ingl\u00e9s, Franc\u00e9s, Portugu\u00e9s, Lat\u00edn, Ciencias da Natureza, Biolox\u00eda e Xeolox\u00eda, Educaci\u00f3n Art\u00edstica, Educaci\u00f3n Pl\u00e1stica Visual e Audiovisual, M\u00fasica, Tecnolox\u00eda, Educaci\u00f3n F\u00edsica e Titor\u00eda.<\/p>\n<p class=\"p1\"><b>Adaptabilidade das actividades e asistencia na s\u00faa concreci\u00f3n<\/b><\/p>\n<p class=\"p1\">A implementaci\u00f3n da unidade did\u00e1ctica en todos os seus aspectos quedar\u00eda ao criterio de cada instituto ou escola, de xeito que poder\u00eda ser libremente adaptada \u00e1 programaci\u00f3n de centro e\/ou de aula. Os centros tam\u00e9n poder\u00e1n suxerir as s\u00faas propias iniciativas, que ser\u00e1n inclu\u00eddas no proxecto sempre e cando te\u00f1an relaci\u00f3n con alg\u00fan ben senlleiro da contorna ou estean inspiradas no C\u00f3dice Calixtino ou nas lendas e relatos galegos de tradici\u00f3n oral.<\/p>\n<p class=\"p1\">Para a realizaci\u00f3n das actividades, tanto as aqu\u00ed sinaladas como as iniciativas propias que puidesen ter os centros, dende CodeX21 facilitarase ao profesorado un conxunto de materiais relacionados coas lendas, lugares de interese hist\u00f3rico ou natural e posibilidades de adaptaci\u00f3n \u00e1s distintas materias. Se fose preciso, enviar\u00edanse fichas de exercicios e m\u00f3dulos listos para ser empregados na aula.<\/p>\n<p class=\"p1\"><b>Asistencia na creaci\u00f3n de plataformas TIC del aula \/ centro<\/b><\/p>\n<p class=\"p1\">No caso de non dispo\u00f1er de blog ou canle de Youtube no centro, dende CodeX21 ofrecerase asistencia para a creaci\u00f3n destas plataformas dixitais.<\/p>\n<p class=\"p1\"><b>Publicaci\u00f3n dos traballos<\/b><\/p>\n<p class=\"p1\">Unha vez realizada a actividade, os estudantes poder\u00e1n publicar as s\u00faas creaci\u00f3ns no blog ou canle de Youtube do centro, e os docentes poder\u00edan elixir algunhas delas para ser publicadas nesta web.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha li\u00f1a de traballo clave de CodeX21 \u00e9 a colaboraci\u00f3n con distintos centros de ensino das \u201cTerras da Ra\u00ed\u00f1a Lupa\u201d (denominadas aqu\u00ed Terraloba) para a realizaci\u00f3n dunha serie de actividades inspiradas nas lendas galegas e no C\u00f3dice Calixtino.<br \/>\nEstas actividades van dirixidas ao alumnado de Primaria e\/ou da ESO, e est\u00e1n concibidas para ser empregadas tanto de xeito transversal, por un equipo de docentes, ou de xeito illado nunha determinada materia. O profesorado poder\u00e1 seleccionar alg\u00fans dos traballos feitos nas aulas para que sexan amosados nesta web, que tam\u00e9n recoller\u00e1 enlaces aos blogs propios dos centros.<br \/>\nAs actividades incl\u00faen a creaci\u00f3n de rutas de sendeirismo entre distintos puntos de interese, que ser\u00e1n postas a disposici\u00f3n dos visitantes que se acheguen a esta rexi\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"author":0,"featured_media":643,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,37],"tags":[],"class_list":["post-635","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actividades","category-o-proxecto"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/635","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=635"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/635\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media\/643"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=635"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=635"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=635"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}