{"id":430,"date":"2019-11-24T18:18:20","date_gmt":"2019-11-24T18:18:20","guid":{"rendered":"http:\/\/codex21.gal\/?p=430"},"modified":"2019-11-24T18:18:20","modified_gmt":"2019-11-24T18:18:20","slug":"os-apendices-do-codice-calixtino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/galike.net\/codex21\/2019\/11\/24\/os-apendices-do-codice-calixtino\/","title":{"rendered":"Os ap\u00e9ndices do C\u00f3dice Calixtino"},"content":{"rendered":"<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">Os ap\u00e9ndices do C\u00f3dice Calixtino engaden algunha milagre de Santiago non recollida no Libro I e unha xustificaci\u00f3n da elaboraci\u00f3n do conxunto da obra e da s\u00faa orixinalidade. Pero sobre todo, \u00e9 aqu\u00ed onde brilla un dos grandes tesouros do c\u00f3dice: a m\u00fasica polif\u00f3nica. Como sinala o historiador alem\u00e1n Klaus Herbers, esta obra cont\u00e9n pezas \u201ctanto de canto gregoriano como de composici\u00f3ns polif\u00f3nicas, que lle aseguran un posto privilexiado entre os repertorios m\u00e1is interesantes para a evoluci\u00f3n da polifon\u00eda medieval\u201d.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-896\" src=\"https:\/\/galike.net\/codex21s\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/Anonymous_vielle-player_from_the_Codex_Manesse.jpg\" alt=\"\" width=\"250\" height=\"642\" srcset=\"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/Anonymous_vielle-player_from_the_Codex_Manesse.jpg 387w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/Anonymous_vielle-player_from_the_Codex_Manesse-117x300.jpg 117w\" sizes=\"auto, (max-width: 250px) 100vw, 250px\" \/>As 21 composici\u00f3ns musicais que incl\u00fae est\u00e1n pensadas para po\u00f1er m\u00fasica aos himnos e poemas que deb\u00edan cantarse durante os oficios relixiosos das festividades compostel\u00e1s en honra a Santiago. Son consideradas as primeiras pezas polif\u00f3nicas de verdadeira calidade art\u00edstica da m\u00fasica occidental. A diferenza de repertorios m\u00e1is antigos, como o <i>Tropario de Winchester<\/i> ou o <i>Manuscrito de<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>Chartres<\/i>, do s. XI, as partituras do Calixtino est\u00e1n en tetragrama e notaci\u00f3n diastem\u00e1tica, e dan por primeira vez informaci\u00f3n regular sobre as alturas dos intervalos entre notas, unha pr\u00e1ctica ata ent\u00f3n deixada \u00e1 improvisaci\u00f3n. <\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">O seu estilo musical \u00e9 o propio da chamada Ars Antiga, nome que recibe a m\u00fasica culta europea do per\u00edodo que vai de fins do s\u00e9culo XII a principios do XIV, e que floreceu especialmente no s\u00e9culo XIII en Francia, asociada ao auxe da arquitectura, a escultura e a pintura g\u00f3tica. As s\u00faas principais variantes foron a escola de San Marcial de Limoges e a escola de N\u00f4tre D\u00e1me, que deu as formas m\u00e1is elaboradas. \u00c9 a esta variante \u00e1 que se adscriben as pezas do c\u00f3dice.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">A Ars Antiqua \u00e9 a culminaci\u00f3n dun longo proceso de maduraci\u00f3n da m\u00fasica europea que comezara no s.IX, casualmente a mesma \u00e9poca en que se iniciou o culto xacobeo. Hai por tanto un curioso paralelismo entre a maduraci\u00f3n desta forma musical e o desenvolvemento dos Cami\u00f1os de Santiago.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">A autor\u00eda das polifon\u00edas da obra compostel\u00e1 \u00e9 discutida entre os investigadores, a\u00ednda que a maior\u00eda cre que se debe a dezaseis persoas distintas, entre elas bispos e mestres musicais franceses como o propio Aymeric Picaud. Todas as pezas, salvo unha, est\u00e1n escritas na chamada notaci\u00f3n lorena, polo que se pensa que os seus autores eran monxes orixinarios do mosteiro de V\u00e9zelay, na Borgo\u00f1a, un dos puntos de partida do cami\u00f1o de Santiago; a\u00ednda que unha das composici\u00f3ns, <i>Regi perennis glorie<\/i>, atrib\u00faese a \u201ccerto doutor de Galicia\u201d (\u201c<i>Quodam Doctore<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>Galleciano<\/i>\u201d) non identificado. S\u00f3 unha partitura, <i>Dum pater<\/i>, est\u00e1 rexistrada en notaci\u00f3n aquitana, a m\u00e1is com\u00fan na pen\u00ednsula ib\u00e9rica tras a supresi\u00f3n do canto hisp\u00e1nico. Por iso p\u00e9nsase que puido ser creada nas proximidades de Compostela e incorporada ao c\u00f3dice nun segundo momento. <i>Dum pater<\/i> alcanzou gran repercusi\u00f3n na Idade Media e \u00e9 a d\u00eda de hoxe o canto de peregrinaci\u00f3n m\u00e1is antigo conservado. Tam\u00e9n destaca Congaudeant catholici, a primeira peza polif\u00f3nica a tres voces da que hai constancia na m\u00fasica europea.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os ap\u00e9ndices do C\u00f3dice Calixtino engaden algunha milagre de Santiago non recollida no Libro I e unha xustificaci\u00f3n da elaboraci\u00f3n do conxunto da obra e da s\u00faa orixinalidade. Pero sobre todo, \u00e9 aqu\u00ed onde brilla un dos grandes tesouros do c\u00f3dice: a m\u00fasica polif\u00f3nica. Como sinala o historiador alem\u00e1n Klaus Herbers, esta obra cont\u00e9n pezas \u201ctanto de canto gregoriano como de composici\u00f3ns polif\u00f3nicas, que lle aseguran un posto privilexiado entre os repertorios m\u00e1is interesantes para a evoluci\u00f3n da polifon\u00eda medieval\u201d.<\/p>\n","protected":false},"author":0,"featured_media":894,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[35],"tags":[],"class_list":["post-430","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/430","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=430"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/430\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media\/894"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=430"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=430"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=430"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}