{"id":426,"date":"2019-11-24T18:12:31","date_gmt":"2019-11-24T17:12:31","guid":{"rendered":"http:\/\/codex21.gal\/?p=426"},"modified":"2020-10-26T19:40:44","modified_gmt":"2020-10-26T18:40:44","slug":"sendas-e-lendas-guia-dos-imaxinarios-peregrinos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/galike.net\/codex21\/2019\/11\/24\/sendas-e-lendas-guia-dos-imaxinarios-peregrinos\/","title":{"rendered":"Sendas e Lendas &#8211; Gu\u00eda dos imaxinarios peregrinos"},"content":{"rendered":"<p class=\"p1\"><em>Sendas e\u00a0Lendas<\/em> \u00e9 o equivalente ao Libro V do C\u00f3dice Calixtino, titulado <i>Gu\u00eda do peregrino<\/i>, no que se describe por primeira vez o Cami\u00f1o Franc\u00e9s e se incl\u00fae unha relaci\u00f3n dos lugares e as xentes que se vai atopando o viaxeiro, as\u00ed como recomendaci\u00f3ns pr\u00e1cticas. En CodeX21 tr\u00e1tase de crear itinerarios que permitan aos visitantes acceder a distintos puntos de interese natural ou paisax\u00edstico (\u00e1rbores senlleiras, lagoas, miradoiros, formaci\u00f3ns rochosas, zonas de especial interese ambiental), arqueol\u00f3xico (petr\u00f3glifos, m\u00e1moas, castros\u2026), arquitect\u00f3nico (pontes, castelos, pazos, edificaci\u00f3ns tradicionais, igrexas de interese art\u00edstico), hist\u00f3rico (lugares que fosen escenario de episodios hist\u00f3ricos), ou lendario (espazos vinculados a relatos de tradici\u00f3n oral ou de lendas cultas) a trav\u00e9s do pa\u00eds de Terraloba.<\/p>\n<p class=\"p1\">Esta actividade parte da concepci\u00f3n do mapa de Galicia como unha gran narraci\u00f3n non lineal, callada de historias, contos e fragmentos de memoria de distintas \u00e9pocas, entre os que se poden establecer m\u00faltiples relaci\u00f3ns. Estes relatos, impl\u00edcitos no territorio, poder\u00edanse \u201cler cami\u00f1ando\u201d, de modo que cada roteiro de sendeirismo constituir\u00eda un modo de contar a paisaxe e, sobre todo, de vivilo en primeira persoa.<\/p>\n<p class=\"p1\">Para a definici\u00f3n dos percorridos p\u00f3dese partir de tramos do Cami\u00f1o de Santiago e dos roteiros establecidos pola Axencia de Turismo de Galicia. Tam\u00e9n se pode solicitar informaci\u00f3n de posibles elementos de interese dunha determinada zona de Terraloba a trav\u00e9s da secci\u00f3n de contacto desta web.<\/p>\n<p class=\"p1\">Dado o car\u00e1cter eminentemente rural dos concellos desta \u00e1rea, os percorridos ser\u00e1n fundamentalmente polo monte ou por zonas r\u00fasticas, a\u00ednda que poder\u00e1n ter tramos en contornas urbanas ou<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>semi-urbanas.<\/p>\n<p class=\"p1\">Entre os lugares a destacar poder\u00edan inclu\u00edrse establecementos que se considerasen interesantes ou representativos da actividade socioecon\u00f3mica local, tales como obradoiros de artesan\u00eda, explotaci\u00f3ns de agricultura biol\u00f3xica, bateas, etc; dando prioridade a aqueles que permitan a visita de turistas.<\/p>\n<p class=\"p1\">Unha vez creadas as rutas, p\u00f3dese enviar a s\u00faa descrici\u00f3n a scriptorium@codex21.gal a trav\u00e9s dun sinxelo mapa de Google Maps, Wikilocs ou en forma de arquivo de .kml ou .kmz de Google Earth. En caso de d\u00fabida sobre os formatos, ou de dificultades para dese\u00f1ar o mapa dixital, pr\u00e9gase contactar con CodeX21.<\/p>\n<h6 class=\"p1\">Publicaci\u00f3n dos roteiros<\/h6>\n<p class=\"p1\">Os roteiros incorporaranse \u00e1 web codex21.gal, onde aparecer\u00e1n nun mapa interactivo do territorio de Terraloba, coa informaci\u00f3n organizada por capas.<\/p>\n<h4 class=\"p1\">I. Adaptaci\u00f3n para centros educativos<\/h4>\n<p class=\"p1\">Neste caso tr\u00e1tase de que sexan os alumnos dos centros os que conten a viaxe de descubrimento da s\u00faa comarca tal e como llo explicar\u00edan a posibles visitantes, e deste xeito, aprendan a reco\u00f1ecer os bens patrimoniais e comprender o seu valor; ademais de exercitarse no manexo de ferramentas TIC para a creaci\u00f3n de mapas interactivos.<\/p>\n<p class=\"p1\">Preferentemente, as actividades centraranse na zona \u00e1 que pertence o alumnado que lle corresponde a cada centro.<\/p>\n<p class=\"p1\">Para localizar elementos ou lugares de interese, poderase recorrer aos co\u00f1ecidos polos propios docentes, os estudantes ou as s\u00faas familias e veci\u00f1os, ou ben solicitar informaci\u00f3n a trav\u00e9s da secci\u00f3n de Contacto desta web.<\/p>\n<p class=\"p1\">A realizaci\u00f3n dos roteiros dar\u00e1 ocasi\u00f3n para que o alumnado e\/ou os docentes tomen fotograf\u00edas dos bens patrimoniais, que poder\u00e1n empregarse despois para ilustrar os elementos sinalados nos mapas interactivos. As\u00ed mesmo, entre as posibilidades de desenvolvemento desta actividade est\u00e1 a interacci\u00f3n cos turistas estranxeiros que poidan atoparse -especialmente nos tramos coincidentes co Cami\u00f1o de Santiago- para informarlles sobre o patrimonio existente e escoitar as s\u00faas impresi\u00f3ns ou experiencias. Deste xeito, os mozos e mozas ter\u00e1n ocasi\u00f3n de po\u00f1er a proba as s\u00faas competencias de expresi\u00f3n e comprensi\u00f3n oral de ingl\u00e9s, franc\u00e9s ou portugu\u00e9s.<\/p>\n<p class=\"p1\">Como parte desta actividade ser\u00eda interesante buscar a colaboraci\u00f3n da Conceller\u00eda de Cultura de cada Concello para a limpeza, mantemento e sinalizaci\u00f3n dos carreiros e os bens patrimoniais, o cal ter\u00eda tam\u00e9n un valor educativo para os adolescentes participantes na actividade. Outro elemento ao que prestar especial atenci\u00f3n durante as andainas ser\u00eda o estado de conservaci\u00f3n ambiental: os profesores e profesoras ter\u00e1n a oportunidade de sinalar aos estudantes posibles impactos que se atopen no medio natural.<\/p>\n<p class=\"p1\">Unha vez identificada e explorada a ruta (nunha ou en varias sa\u00eddas co profesorado de Educaci\u00f3n F\u00edsica, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Lingua Galega, etc), os centros poder\u00e1n facela accesible na internet a trav\u00e9s dun mapa de Google ou wikiloc integrado no blog do centro ou aula (En caso de necesidade, desde<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>CodeX21 prestarase asistencia para a creaci\u00f3n do mapa ou do blog, en caso de non existir esta plataforma, as\u00ed como para a subida de materiais ao mesmo) ou ben enviar directamente os arquivos . kml ou . kmz a scriptorium@codex21.gal. Ademais do percorrido, os centros deber\u00e1n indicar detalles como o grao de dificultade, tempo de realizaci\u00f3n, elementos do patrimonio natural, hist\u00f3rico, arqueol\u00f3xico, lendario, etc. Tam\u00e9n poden inclu\u00edr outros detalles como o perfil de terreo, etc. Ademais, xunto ao mapa dixital incorporarase unha gu\u00eda escrita en galego e\/ou castel\u00e1n, e opcionalmente ingl\u00e9s (ou franc\u00e9s ou portugu\u00e9s nos colexios que impartan estas linguas).<\/p>\n<p class=\"p1\">Desde CodeX21 tratarase de conseguir a colaboraci\u00f3n do Concello para que a ruta poida estar presente tam\u00e9n na web municipal.<\/p>\n<h6 class=\"p1\">Percorrido de tramos do Cami\u00f1o de Santiago<\/h6>\n<p class=\"p1\">Unha variante desta actividade poder\u00eda ser o percorrido de tramos do Cami\u00f1o de Santiago que quedasen m\u00e1is pr\u00f3ximos para que os alumnos e alumnas tomasen fotograf\u00edas dos elementos que m\u00e1is lles chamasen a atenci\u00f3n e logo escribisen sobre eles ou os empregasen para ilustrar unha cr\u00f3nica da excursi\u00f3n.<\/p>\n<h6 class=\"p1\">Materias nas que se pode empregar<\/h6>\n<p class=\"p1\">Ciencias Sociais \/ Xeograf\u00eda e Historia (estudo do patrimonio arqueol\u00f3xico ou hist\u00f3rico das rutas), Ciencias da Natureza \/ Biolox\u00eda e Xeolox\u00eda \/ Paisaxe e Sostibilidade (aspectos naturais da zona), Educaci\u00f3n F\u00edsica (a andaina como exercicio, establecemento do grao de dificultade, consellos b\u00e1sicos para a pr\u00e1ctica do sendeirismo como deporte), Lingua Galega e Literatura, Lingua Castel\u00e1 e Literatura, Ingl\u00e9s, Franc\u00e9s, Portugu\u00e9s (posta por escrito de lendas e\/ou descrici\u00f3n dos percorridos en distintos idiomas), Educaci\u00f3n Art\u00edstica \/ Educaci\u00f3n Pl\u00e1stica Visual e Audiovisual (elaboraci\u00f3n de mapas, gravaci\u00f3n de v\u00eddeos ou toma de fotograf\u00edas para ilustrar as rutas, murais e carteis), Tecnolox\u00eda \/ Programaci\u00f3n (creaci\u00f3n de mapa interactivo en plataformas como Google Maps), Matem\u00e1ticas (c\u00e1lculo de pendentes sobre mapa topogr\u00e1fico con curvas de nivel), etc.<\/p>\n<h4 class=\"p1\">II. Adaptaci\u00f3n \u00e1 poboaci\u00f3n xeral<\/h4>\n<p class=\"p1\">Calquera persoa ou grupo interesado en inclu\u00edr as s\u00faas rutas na web de CodeX21, pode enviar unha ligaz\u00f3n \u00e1 s\u00faa proposta en Wikiloc, Google Maps ou similar, ou ben enviar os correspondentes arquivos .kml ou .kmz; achegando unha descrici\u00f3n dos bens de interese presentes, nivel de dificultade, tempo de realizaci\u00f3n, etc.<\/p>\n<p class=\"p1\">Para calquera cuesti\u00f3n, pr\u00e9gase escribir a scriptorium@codex21.com<\/p>\n<figure id=\"attachment_885\" class=\"thumbnail wp-caption aligncenter\" style=\"width: 900px\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-885\" src=\"https:\/\/galike.net\/codex21s\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/cc-by-20-noel-feans-dolmen-de-axeitos-2.jpg\" alt=\"\" width=\"900\" height=\"600\" srcset=\"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/cc-by-20-noel-feans-dolmen-de-axeitos-2.jpg 900w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/cc-by-20-noel-feans-dolmen-de-axeitos-2-300x200.jpg 300w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/cc-by-20-noel-feans-dolmen-de-axeitos-2-768x512.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><figcaption class=\"caption wp-caption-text\">Foto: Noel Feans &#8211; Empregada con licencia CC BY 2.0<\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta actividade, que se basea na similitude entre os conceptos de \u201cviaxe\u201d e \u201crelato\u201d, consiste no trazado de roteiros de sendeirismo que conecten distintos elementos de interese natural e cultural da \u00e1rea de Terraloba de modo que poidan \u201clerse\u201d cami\u00f1ando. As rutas ser\u00e1n posteriormente marcadas sobre un mapa interactivo, con fichas explicativas dos distintos puntos de interese. Deste xeito, Sendas e Lendas constit\u00fae a translaci\u00f3n de elementos patrimoniais do mundo f\u00edsico ao dixital, do acervo local ao universo cibern\u00e9tico global.<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":493,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10,11,12,13,14,15,16,17,19,20,23,24,25,26,30,40],"tags":[],"class_list":["post-426","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actividades-bioloxia-xeoloxia","category-actividades-ciencias-natureza","category-actividades-ciencias-sociais","category-actividades-educacion-artistica","category-actividades-educacion-fisica","category-actividades-educacion-plastica-visual","category-actividades-frances","category-actividades-ingles","category-actividades-lingua-castela-literatura","category-actividades-lingua-galega-literatura","category-actividades-paisaxe-sustentabilidade","category-actividades-portugues","category-actividades-programacion","category-actividades-tecnoloxia","category-actividades-xeografia-historia","category-sendas-lendas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/426","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=426"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/426\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media\/493"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=426"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=426"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=426"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}