{"id":416,"date":"2019-11-20T19:41:01","date_gmt":"2019-11-20T19:41:01","guid":{"rendered":"http:\/\/codex21.gal\/?p=416"},"modified":"2019-11-20T19:41:01","modified_gmt":"2019-11-20T19:41:01","slug":"libro-iv-do-codice-calixtino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/galike.net\/codex21\/2019\/11\/20\/libro-iv-do-codice-calixtino\/","title":{"rendered":"Libro IV do C\u00f3dice Calixtino"},"content":{"rendered":"<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">Despois do Libro I, o Libro IV \u00e9 o segundo m\u00e1is extenso de toda a obra. Nos seus 28 folios c\u00f3ntase un relato co\u00f1ecido como Historia de Turp\u00edn ou Cr\u00f3nica de Turp\u00edn, a\u00ednda que tam\u00e9n se lle deu o nome de Historia de Carlo Magno e Rold\u00e1n, para resaltar o protagonismo que nel te\u00f1en estes dous personaxes da \u00e9pica francesa.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-865 size-medium\" src=\"https:\/\/galike.net\/codex21s\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/libro-iv-santiago-via-lactea-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/libro-iv-santiago-via-lactea-300x200.jpg 300w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/libro-iv-santiago-via-lactea-768x512.jpg 768w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/libro-iv-santiago-via-lactea.jpg 900w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>O obxectivo desta cuarta parte do manuscrito \u00e9 conectar o culto a Santiago co coraz\u00f3n de Europa. Para iso conv\u00e9rtese \u00e1 figura m\u00e1is importante da Idade Media de Occidente, o mism\u00edsimo Carlomagno, no responsable da apertura do cami\u00f1o ata a tumba do Ap\u00f3stolo a trav\u00e9s das terras controladas polos musulm\u00e1ns. C\u00f3ntase que Santiago apareceuse en so\u00f1os ao emperador carolinxio e solicitou a s\u00faa axuda para liberar o seu sepulcro, indicando que o roteiro que deb\u00eda seguir estaba marcado pola V\u00eda L\u00e1ctea. A narraci\u00f3n est\u00e1 impregnada dos ideais<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>cabaleirescos e a \u00e9pica da materia de Francia, x\u00e9nero literario chegado a Galicia precisamente a trav\u00e9s do Cami\u00f1o de Santiago. Carlomagno, Rold\u00e1n e os Doce Pares de Francia eran, xunto ao Rei Arturo e os Cabaleiros da T\u00e1boa Redonda, os m\u00e1is famosos heroes da Europa medieval, de modo que asocialos ao Cami\u00f1o de Santiago favorec\u00eda a popularidade desta peregrinaci\u00f3n. O historiador L\u00f3pez Alsina subli\u00f1ou como nesta historia tr\u00e1tanse de equiparar Compostela e Aquisgr\u00e1n, capital pol\u00edtica do grande imperio europeo da \u00e9poca.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">O relato, evidentemente<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>fantasioso, cont\u00e9n varios anacronismos, como a intervenci\u00f3n de Turp\u00edn, bispo de Reims falecido a fins do<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>s.VIII, nos feitos que rodean a xesta do rei franco. O propio Carlomagno morrera no 814, \u00e9 dicir, seis anos antes da data m\u00e1is temper\u00e1 que dan os autores actuais para o descubrimento do sepulcro. A conexi\u00f3n destes personaxes co Cami\u00f1o de Santiago tam\u00e9n se xustifica no feito de que a famosa batalla de<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>Roncesvalles, na que o emperador carolinxio foi derrotado polos vasc\u00f3ns e que serviu de inspiraci\u00f3n ao cantar de Rold\u00e1n, produciuse nun importante tramo do Cami\u00f1o de Santiago.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">Todo fai pensar que foron monxes franceses os autores dunha historia que pronto acadou gran popularidade na Europa medieval, con m\u00e1is de 250 copias distribu\u00eddas por todo o continente. Con todo, as mesmas raz\u00f3ns que impulsaran a s\u00faa composici\u00f3n levaron, en 1619, \u00e1 retirada destes pregos do conxunto conservado en Santiago, pois nesta \u00e9poca de contrarreforma relixiosa e auxe do Imperio Espa\u00f1ol, a igrexa compostel\u00e1, necesitada do apoio da coroa, prefer\u00eda atribu\u00edr o m\u00e9rito do descubrimento do sepulcro \u00e1 monarqu\u00eda astur-leonesa. Non foi ata 1966 en que a Historia de Turp\u00edn foi de novo integrada no c\u00f3dice. A\u00ednda as\u00ed, quizais por estar m\u00e1is pr\u00f3ximo aos intereses centro-europeos que aos hispanos, os principais investigadores do Libro IV seguen sendo franceses e anglo-sax\u00f3ns, e son menos os estudosos espa\u00f1ois interesados en analizalo, a pesar de ser o texto \u00e9pico vinculado \u00e1 pen\u00ednsula con maior difusi\u00f3n f\u00f3ra das nosas fronteiras.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O obxectivo desta cuarta parte do manuscrito \u00e9 conectar o culto a Santiago co coraz\u00f3n de Europa. Para iso conv\u00e9rtese \u00e1 figura m\u00e1is importante da Idade Media de Occidente, o mism\u00edsimo Carlomagno, no responsable da apertura do cami\u00f1o ata a tumba do Ap\u00f3stolo a trav\u00e9s das terras controladas polos musulm\u00e1ns. C\u00f3ntase que Santiago apareceuse en so\u00f1os ao emperador carolinxio e solicitou a s\u00faa axuda para liberar o seu sepulcro, indicando que o roteiro que deb\u00eda seguir estaba marcado pola V\u00eda L\u00e1ctea.<\/p>\n","protected":false},"author":0,"featured_media":514,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[35],"tags":[],"class_list":["post-416","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/416","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=416"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/416\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media\/514"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=416"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=416"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=416"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}