{"id":402,"date":"2019-11-20T17:49:12","date_gmt":"2019-11-20T17:49:12","guid":{"rendered":"http:\/\/codex21.gal\/?p=402"},"modified":"2019-11-20T17:49:12","modified_gmt":"2019-11-20T17:49:12","slug":"o-codice-calixtino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/galike.net\/codex21\/2019\/11\/20\/o-codice-calixtino\/","title":{"rendered":"O C\u00f3dice Calixtino"},"content":{"rendered":"<p class=\"p1\">P\u00f3dese dicir que o C\u00f3dice Calixtino ou Liber Sancti Iacobi \u00e9 a trasposici\u00f3n literaria dos Cami\u00f1os de Santiago e a propia catedral compostel\u00e1. \u00c9 o libro referencial do Mundo Xacobeo, e desde os seus inicios foi concibido como o que hoxe chamariamos <i>Gu\u00eda de Marketing<\/i> ou <i>Libro de Identidade Corporativa<\/i> da s\u00e9 apost\u00f3lica.<\/p>\n<p class=\"p1\">A\u00ednda que o seu impulsor foi o arcebispo Xelm\u00edrez, tradicionalmente atribu\u00eduse a s\u00faa autor\u00eda ao Papa Calixto II, de quen toma o seu nome. Intervi\u00f1eron na s\u00faa composici\u00f3n monxes de Cluny chegados de Francia. \u00c9, por tanto, produto do lanzamento de Santiago como centro de importancia internacional, cando a alianza entre o Papa Calixto (irm\u00e1n de Raimundo de Borgo\u00f1a, Conde de Galicia) e o arcebispo Xelm\u00edrez (primeira autoridade compostel\u00e1 en ostentar este t\u00edtulo) levou ao santuario galego a converterse nun dos principais centros espirituais de Occidente.<\/p>\n<p class=\"p1\">A obra, distribu\u00edda por toda Europa en m\u00faltiples copias amanuenses realizadas entre os s\u00e9culos XII e XV, representa, por tanto, a consagraci\u00f3n das rutas xacobeas como elemento central da cultura Europea. Ademais, est\u00e1 directamente vinculado cos movementos de profundo calado pol\u00edtico e cultural que seguiron \u00e1 reforma gregoriana, a cal facilitou a colaboraci\u00f3n entre o poder real, a xerarqu\u00eda eclesi\u00e1stica e as novas ordes monacales do C\u00edster e Cluny na consolidaci\u00f3n do que ser\u00edan os embri\u00f3ns dos grandes estados europeos.<\/p>\n<p class=\"p1\">O tempo da composici\u00f3n, tanto do manuscrito conservado na Catedral de Santiago como dun precedente perdido, estendese de 1120-1160, e coincide por tanto co per\u00edodo final do goberno de Xelm\u00edrez e da construci\u00f3n da actual catedral, cuxas obras comezaran a fins do s\u00e9culo<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp; <\/span>XII para substitu\u00edr a vella bas\u00edlica arrasada por Almanzor. \u00c9 por tanto un tempo de florecemento do Reino de Galicia, inmediatamente anterior \u00e1 realizaci\u00f3n do P\u00f3rtico da Gloria (1168-1188), e \u00e1<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp; <\/span>eclosi\u00f3n da l\u00edrica galego-portuguesa, que comezar\u00eda a cultivarse a partir de 1170. Neste mesmo per\u00edodo, Compostela funcionaba como bisagra do Cami\u00f1o de Santiago e a Ruta da Seda, que a trav\u00e9s da V\u00eda da Prata alcanzaba Compostela desde C\u00f3rdoba. Non hai que esquecer que a peregrinaci\u00f3n a Santiago era -polo menos en moitos casos- unha viaxe de ida e volta. Deste xeito, moitas innovaci\u00f3ns e mercador\u00edas orientais chegaron ao centro do continente da man dos peregrinos que volv\u00edan da s\u00faa viaxe \u00e1 tumba do Ap\u00f3stolo.<\/p>\n<figure id=\"attachment_778\" class=\"thumbnail wp-caption alignleft\" style=\"width: 227px\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-778 size-medium\" src=\"https:\/\/galike.net\/codex21s\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/cc-by-20-manuel-m-v-scriptorium-227x300.jpg\" alt=\"\" width=\"227\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/cc-by-20-manuel-m-v-scriptorium-227x300.jpg 227w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/cc-by-20-manuel-m-v-scriptorium-775x1024.jpg 775w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/cc-by-20-manuel-m-v-scriptorium-768x1015.jpg 768w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/cc-by-20-manuel-m-v-scriptorium.jpg 900w\" sizes=\"auto, (max-width: 227px) 100vw, 227px\" \/><figcaption class=\"caption wp-caption-text\">Foto: Manuel m. v. &#8211; Empregada con licencia CC BY 2.0<\/figcaption><\/figure>\n<p class=\"p1\">Todo apunta a que a concepci\u00f3n da obra coincide coas datas en que o papa Calixto II concede a Compostela o privilexio polo cal todos os anos nos que o D\u00eda de Santiago caese en domingo ser\u00edan declarados Anos Santos ou Xubilares. Segundo esta disposici\u00f3n, quen visitase a catedral Compostel\u00e1 nestes anos, recibir\u00edan a Indulxencia Plenaria. O primeiro Ano Xubilar foi proclamado en 1022; de modo que durante o Xacobeo 2021 cumpriranse 899 anos deste feito; e aproximadamente 900 desde que comezaron os traballos do que logo ser\u00eda o C\u00f3dice<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp; <\/span>Calixtino.<\/p>\n<p class=\"p1\">O c\u00f3dice que chegou ata n\u00f3s \u00e9 un texto de grande extensi\u00f3n dividido en cinco libros, cunha carta inicial e unha secci\u00f3n de Ap\u00e9ndices ao final. O seu contido est\u00e1 composto por unha colecci\u00f3n de textos lit\u00farxicos, composici\u00f3ns musicais, a relaci\u00f3n dos milagres atribu\u00eddos ao Ap\u00f3stolo e os relatos do traslado e enterramento do seu corpo en Compostela, as\u00ed como o seu descubrimento, atribu\u00eddo no texto a Carlomagno. Tam\u00e9n incl\u00fae unha gu\u00eda para os peregrinos, que constit\u00fae un documento especialmente interesante por canto nos permite ter unha visi\u00f3n de aspectos da vida coti\u00e1 na Idade Media, e do que supo\u00f1\u00eda realizar unha viaxe destas caracter\u00edsticas naquela \u00e9poca.<\/p>\n<p class=\"p1\">A obra foi escrita en lat\u00edn, a\u00ednda que se conservan traduci\u00f3ns parciais, entre elas, unha versi\u00f3n parcial escrita en galego a comezos do s.XV. Como todos os manuscritos desta \u00e9poca, as p\u00e1xinas est\u00e1n decoradas con miniaturas e letras capitulares que dan colorido ao texto. Crese que na s\u00faa redacci\u00f3n participaron moitas mans ao longo dun dilatado per\u00edodo -a pretendida autor\u00eda do Papa Calixto II, proclamada no pr\u00f3logo da obra, est\u00e1 totalmente descartada-, entre elas a do monxe franc\u00e9s Aymeric Picaud, que ser\u00eda responsable de gran parte dos textos e de algunha composici\u00f3n musical. O historiador Manuel C. D\u00edaz e D\u00edaz apunta que o proxecto involucrou a poetas, m\u00fasicos, narradores e fabuladores, \u201c<em>as\u00ed como te\u00f3logos de nota e escritores de raras habilidades, representando, polo menos nos seus produtos finais, o m\u00e1is selecto do mundo cultivado da pen\u00ednsula, identificada no Reino de Le\u00f3n, as\u00ed como do norte e centro de Francia, sen descoidar outros diversos pa\u00edses<\/em>\u201d.<\/p>\n<p class=\"p1\">Actualmente, cons\u00e9rvanse cinco copias completas do c\u00f3dice e outras sete parciais. A m\u00e1is antiga e completa, escrita na d\u00e9cada de 1160, \u00e9 a da Catedral de Santiago. O seu novel\u00edstico roubo e posterior achado entre os anos 2011 e 2012 lev\u00e1rono \u00e1 portada dos xornais. Gran parte da poboaci\u00f3n tivo ent\u00f3n noticia por primeira vez da existencia desta xoia de valor incalculable. Despois de s\u00e9culos de esquecemento, nos que o co\u00f1ecemento do contido do libro non pasou dun reducido grupo de eruditos, \u00e9 hora de levantar a tapa da s\u00faa portada e<span class=\"Apple-converted-space\">&nbsp; <\/span>asomarse aos tesouros que garda o seu interior.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O C\u00f3dice Calixtino destaca pola s\u00faa ambici\u00f3n: difundir a importancia de Santiago e o Ap\u00f3stolo a escala universal. Os distintos cami\u00f1os que levan ao santuario desde todos os recunchos de Europa conv\u00e9rtense deste xeito en  vectores do poder do Ap\u00f3stolo, capaz de obrar as s\u00faas milagres en calquera lugar do orbe. Sorprende a enorme ambici\u00f3n do proxecto e a visi\u00f3n xeopol\u00edtica que encerra, tendo en conta a s\u00faa \u00e9poca. A brillantez do  C\u00f3dice e do seu impulsor, o arcebispo Xelm\u00edrez, foi darlle unha transcendencia pol\u00edtica a unha tradici\u00f3n relixiosa existente desde hab\u00eda tres s\u00e9culos, convertela nun relato e fixala por escrito.<\/p>\n","protected":false},"author":0,"featured_media":501,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[35],"tags":[],"class_list":["post-402","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/402","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=402"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/402\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media\/501"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=402"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=402"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=402"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}