{"id":387,"date":"2019-11-20T16:05:14","date_gmt":"2019-11-20T16:05:14","guid":{"rendered":"http:\/\/codex21.gal\/?p=387"},"modified":"2019-11-20T16:05:14","modified_gmt":"2019-11-20T16:05:14","slug":"que-e-terraloba","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/galike.net\/codex21\/2019\/11\/20\/que-e-terraloba\/","title":{"rendered":"Que \u00e9 Terraloba"},"content":{"rendered":"<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">Terraloba \u00e9 unha denominaci\u00f3n creada no proxecto CodeX21 para aglutinar unha serie de concellos asociados \u00e1 lenda da traslatio do corpo do Ap\u00f3stolo e varios relatos populares sobre a Ra\u00ed\u00f1a Lupa. Esta \u00e1rea, antigo territorio das tribos dos c\u00e9lticos, os c\u00f3poros e os celenos, e cruzada pola antiga V\u00eda Romana<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>XIX, concentra alg\u00fans dos castros m\u00e1is emblem\u00e1ticos do noso territorio (Barbanza,<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>Neix\u00f3n\u2026), as ru\u00ednas de importantes fortificaci\u00f3ns medievais (Catoira, Lanzada, Castelos<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>do Pindo\u2026), alg\u00fans dos pazos m\u00e1is fermosos (Oca) e os h\u00f3rreos m\u00e1is grandes de Galicia (Lires). Enmarcada entre os dous Olimpos galegos do Monte Pindo e o Pico Sacro, incl\u00fae a maxestosa r\u00eda de Arousa, coa s\u00faa<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>mir\u00edada de illas e Illotes, a serra do Barbanza, as dunas de Corrubedo, as lagoas de Carregal e de Louro, o Cabo Fisterra, a fervenza do Xallas, as terras altas da Estrada e as Bra\u00f1as de<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>La\u00ed\u00f1o, no baixo Ulla. Todas elas son paisaxes profundamente enraizadas na nosa memoria colectiva e f\u00e9rtiles en lendas, co eixo de Compostela como destino de todos os cami\u00f1os.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\"><b>Un Mundo narrativo e unha marca tur\u00edstica<\/b><\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">Seguindo o modelo do Liber Sancti Iacobi con respecto \u00e1 tradici\u00f3n Xacobea, CodeX21 presenta Terraloba como a s\u00edntese dun conxunto de elementos tomados da tradici\u00f3n oral e escrita que integra nun universo de ficci\u00f3n con elementos dispersos na paisaxe. Como fixese o C\u00f3dice Calixtino no caso de Santiago, aqu\u00ed se trata de constru\u00edr un relato que permita comunicar, dun modo coherente e unitario, a singularidade dunha terra e o seu encanto a escala global. Se o<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>C\u00f3dice se propo\u00f1\u00eda prestigiar o Cami\u00f1o de Santiago e atraer novos peregrinos, Terraloba nace como instrumento para promocionar o noso patrimonio e contribu\u00edr a un modelo sustentable para o turismo e a econom\u00eda rural<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">A creaci\u00f3n dunha marca baseada nun mundo imaxinario no que cada elemento ten a s\u00faa correspondencia no plano real, permite constru\u00edr unha marca \u00fanica no conxunto de Europa. Como universo narrativo, ademais, pode funcionar de matriz para moitos relatos en distintos soportes (novelas, obras audiovisuais, c\u00f3mics, videoxogos, podcasts, vlogs\u2026), inclu\u00eddas experiencias vivenciais como roteiros tur\u00edsticos, xogos de rol en vivo, representaci\u00f3ns ou espect\u00e1culos ao aire libre, apps de Realidade Aumentada e todo tipo de contidos multimedia. As s\u00faas personaxes e historias poden servir de inspiraci\u00f3n para artes\u00e1ns locais, fabricantes de souvenirs, pequenos produtores ou empresas de lecer e turismo de aventura interesadas en ofrecer actividades con esta tem\u00e1tica. Como marca, poder\u00eda funcionar como franquicia para pequenas empresas rurais interesadas nun modelo de comunicaci\u00f3n integral.<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\"><b>Un relato baseado nunha tradici\u00f3n milenaria e unha paisaxe real<\/b><\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">Terraloba ten unha enorme vantaxe con respecto a outros escenarios de ficci\u00f3n fant\u00e1stica: afunde as s\u00faas ra\u00edces nunha paisaxe real e unha tradici\u00f3n aut\u00e9ntica, e cada un dos seus recunchos e elementos ten unha ancoraxe no plano f\u00edsico, antigas cr\u00f3nicas ou elementos do folclore. Non se trata dun universo imaxinario composto ao azar ou s\u00f3 superficialmente fundado na tradici\u00f3n oral, sen\u00f3n que \u00e9 o resultado dunha indagaci\u00f3n en<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>antiqu\u00edsimos mitos universais, os cales te\u00f1en ecos insospeitados nos relatos populares das nosas aldeas. O certo \u00e9 que, tal e como demostraron Propp, Campbell e outros antrop\u00f3logos nos seus estudos sobre contos doutros lugares do mundo, hai un f\u00edo que une \u00e1 antiga Pers\u00e9fone grega coas mouras, a Lupa coa deusa Coventina e ao propio Ap\u00f3stolo Santiago coa figura brillante de Lug, que segue o curso do sol no ceo e vive cada ano o seu destino de morte e renacemento ligado ao paso das estaci\u00f3ns. O gran mito da humanidade \u00e9 o cami\u00f1o do sol polo ceo, met\u00e1fora da \u201cViaxe do Heroe\u201d que \u00e9 \u00e1 s\u00faa vez o modelo de todas as historias desde a m\u00e1is remota antig\u00fcidade. E se hai un lugar en Europa onde ten sentido ambientar o \u00faltimo acto da traxedia solar, ese lugar \u00e9 Galicia, a terra do <i>Finis Terrae<\/i> e a fin do antigo cami\u00f1o que desde tempos prehist\u00f3ricos atravesaba a pen\u00ednsula de Leste a Oeste. A terra dos Oestrymnios da que falaban mari\u00f1os romanos e<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>fenicios, o Plus Ultra al\u00e9n das columnas de H\u00e9rcules, o \u00faltimo porto antes do Xard\u00edn das<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>Hesp\u00e9rides, a neboenta Aval\u00f3n. Desde tempos moi anteriores \u00e1 construci\u00f3n do santuario compostel\u00e1n, Fisterra era o destino final dos peregrinos, que coma a grea do xigante Xeri\u00f3n chegan ao final do seu cami\u00f1o marcado na V\u00eda L\u00e1ctea, quizais seguindo o roteiro dos antigos cazadores paleol\u00edticos tras o ronsel dos renos, ou quizais porque nos tempos das cavernas as estrelas eran a alma dos mortos, e a V\u00eda L\u00e1ctea o seu cami\u00f1o ao Al\u00e9n. <\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><span class=\"s1\">Mais en todas as crenzas antigas, o sol, tras o ocaso, igual que a alma dos defuntos, ti\u00f1a un ciclo escuro: un tr\u00e1nsito de Oeste a Leste baixo o mar e a terra durante a noite para renacer de novo ao alba por oriente. Esta viaxe cara atr\u00e1s, a cara B do Cami\u00f1o celeste, atravesaba o mundo dos mortos, \u00e9 dicir, o mundo dos mouros e outros seres da fantas\u00eda popular, os dominios de Lupa. Ela, con outro nome m\u00e1is antigo, era a se\u00f1ora das sombras e os mortos, pero tam\u00e9n da fertilidade e o rexurdir da natureza, pois do mesmo xeito que o agrelar da semente, garante a perpetuidade dese ciclo infinito do sol, a alternancia de vida e morte e o xirar da roda anual. Este \u00e9 o tema de fondo que vertebra Terraloba, unha historia que pode lerse como unha narraci\u00f3n fant\u00e1stica nas s\u00faas capas m\u00e1is superficiais, pero que se fundamenta nun modelo de orixe neol\u00edtica no que cobran sentido as m\u00e1moas, onde a deusa da terra recibe de novo aos mortos no seu ventre, ou os petr\u00f3glifos, nos que se plasmou esta mesma historia hai 3000 anos. Esa \u00e9 a profunda ra\u00edz das lendas sobre os mouros que viven baixo os castros, as donas que capturan o esp\u00edrito dos labregos nas antas, as cidades asolagadas onde cantan os galos ao \u201csol negro\u201d, e a misteriosa Lupa, dona do chan que deb\u00eda acoller ao Ap\u00f3stolo.<\/span><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-1097 size-large zoooom\" src=\"https:\/\/galike.net\/codex21s\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/mapa-terraloba-2-922x1024.jpg\" alt=\"\" width=\"922\" height=\"1024\" srcset=\"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/mapa-terraloba-2-922x1024.jpg 922w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/mapa-terraloba-2-270x300.jpg 270w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/mapa-terraloba-2-768x853.jpg 768w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/mapa-terraloba-2-1383x1536.jpg 1383w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/mapa-terraloba-2-1844x2048.jpg 1844w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/mapa-terraloba-2-1200x1333.jpg 1200w, https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-content\/uploads\/sites\/9\/2019\/11\/mapa-terraloba-2-1980x2199.jpg 1980w\" sizes=\"auto, (max-width: 922px) 100vw, 922px\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Do mesmo xeito en que o C\u00f3dice Calixtino se baseaba na figura do Ap\u00f3stolo Santiago e os Cami\u00f1os de peregrinaci\u00f3n a Compostela, no marco da tradici\u00f3n cristi\u00e1, CodeX21 se constr\u00fae ao redor da Ra\u00ed\u00f1a Lupa e o folclore galego, e se centra nun espazo real e \u00e1 vez ficticio denominado Terraloba, que se corresponder\u00eda cos dominios desta m\u00edtica soberana. Nesta expansi\u00f3n do Xacobeo, substit\u00faese a relixi\u00f3n pola maxia, a penitencia pola experiencia de goce da contorna e a f\u00e9 pola imaxinaci\u00f3n. O mundo de Terraloba fundam\u00e9ntase en antigos mitos sobre o ciclo solar, en particular os que narran a viaxe do sol polo inframundo tras o ocaso. Por todo iso, CodeX21 pode entenderse como a \u201ccara\u00a0 B\u201d do vello c\u00f3dice, e Terraloba como o complemento m\u00e1xico do Xacobeo.<\/p>\n","protected":false},"author":0,"featured_media":927,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[37],"tags":[],"class_list":["post-387","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-o-proxecto"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/387","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=387"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/387\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media\/927"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=387"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=387"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/galike.net\/codex21\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=387"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}