Libro IV

Foto de cabeceira: © codexcalixtinusfacsimil.com

O Libro IV do Códice Calixtino

A liberación da tumba do Apóstolo por parte de Carlomagno

Libro IV do Códice Calixtino

O obxectivo desta cuarta parte do manuscrito é conectar o culto a Santiago co corazón de Europa. Para iso convértese á figura máis importante da Idade Media de Occidente, o mismísimo Carlomagno, no responsable da apertura do camiño ata a tumba do Apóstolo a través das terras controladas polos musulmáns. Cóntase que Santiago apareceuse en soños ao emperador carolinxio e solicitou a súa axuda para liberar o seu sepulcro, indicando que o roteiro que debía seguir estaba marcado pola Vía Láctea.

O Libro IV en CodeX21

A Crónica de Turpín no mundo de Terraloba

Sinopse de A Crónica de Turpín (Libro de Terraloba)

Segunda parte do Libro de Terraloba. O máis poderoso emperador de Europa logrou estender o seu dominio desde o río Ebro ata o Oder, abranguendo un territorio que co que quixo resucitar o Antigo Imperio dos  Césares. Xa é lenda, e as súas glorias cántanse nos  suntuosos banquetes do palacio de Aquisgrán. Pero o home tras o mito é xa un ancián, que na soidade das súas estancias intúe que aínda queda unha misión para manter unido todo aquilo que conseguiu unificar. En soños ten unha visión que lle marca un camiño na Vía Láctea, ata o enigmático Campo das Estrelas, nos confíns da  Gallaecia, onde o pobo máxico dos mouros conserva un antigo segredo.