Sinopse de A Crónica de Turpín (Libro de Terraloba)

Segunda parte do Libro de Terraloba. O máis poderoso emperador de Europa logrou estender o seu dominio desde o río Ebro ata o Oder, abranguendo un territorio que co que quixo resucitar o Antigo Imperio dos  Césares. Xa é lenda, e as súas glorias cántanse nos  suntuosos banquetes do palacio de Aquisgrán. Pero o home tras o mito é xa un ancián, que na soidade das súas estancias intúe que aínda queda unha misión para manter unido todo aquilo que conseguiu unificar. En soños ten unha visión que lle marca un camiño na Vía Láctea, ata o enigmático Campo das Estrelas, nos confíns da  Gallaecia, onde o pobo máxico dos mouros conserva un antigo segredo.

Share
Sinopse de A Traslatio (Libro de Terraloba)

Nesta historia, que se corresponde coa primeira parte co Libro de Terraloba, cóntase a viaxe por Terraloba de dous estranxeiros chegados dun país un afastado para dar sepultura aos restos do seu mestre. Atópanse cunha terra escura e hostil, dominada pola sinistra Raíña Lupa e o seu exército de lobos, en cuxas fontes, ríos, lagoas e fragas latexa aínda unha misteriosa maxia que terán que ser capaces de poñer ao seu favor para cumprir a súa misión.

Share
Libro de Terraloba

Trátase dunha novela xuvenil de temática fantástica inspirada nos libros III e IV do códice, correspondentes coas lendas da traslatio e da viaxe a Compostela por parte de Carlomagno, pero na que se dá protagonismo ao territorio máxico da antiga Gallaecia e aos seus personaxes míticos, en correspondencia co universo de Terraloba.

Share