Foto de cabeceira: Bota de Chaplin (Turismo de Pontevedra) – Empregada con licencia CC BY 2.0
Asociate
Asociate a Terraloba!
Unha marca para a creación de produtos e servizos inspirados na Galicia lendaria
Un dos principais obxectivos do proxecto CodeX21 é a creación da marca Terraloba, como instrumento para dar cohesión a unha ampla rexión de Galicia a través dun relato baseado na lenda da traslatio e nas historias de tradición oral ao redor da Raíña Lupa. Terraloba aspira a converterse nunha produtora de contidos e experiencias dirixidas ao campo da educación, o turismo e o entretemento, co denominador común de estar inspiradas no transfondo do devandito relato, que á súa vez está elaborado sobre a paisaxe natural e cultural dunha ampla zona de Galicia. Para iso, buscarase a colaboración ou asociación con empresas e particulares que queiran contribuír ao desenvolvemento da marca.
Como actividade económica, Terraloba terá varios niveis de actuación:
Ás empresas colaboradoras ofreceráselles unha sección na web e as redes sociais da marca Terraloba para promocionar os seus produtos e servizos, e ademais serán xeolocalizadas nun mapa interactivo das terras da Raíña Lupa. Aquelas empresas que se dediquen ao mantemento do patrimonio, a artesanía, a hostalería ou a produción de alimentos, bebidas ou outros bens típicos da zona, tamén serán incluídas nos roteiros propostos aos visitantes.