En CodeX21, a web é o Códice. Aquí se recompilaran ou referenciarán todos os contidos do proxecto, tanto os de creación propia como os achegados polos centros educativos e a poboación xeral. Ademais, ten a función de centralizar a información en torno ao proxecto e os seus contidos.
CodeX21 é unha actualización do Códice Calitixtino centrado no trasfondo lendario do manuscrito medieval e os mitos que están na orixe do camiño de Santiago: a Raíña Lupa, os mouros, as cidades asolagadas e outros elementos que teñen chegado ata nós en forma de relatos de tradición oral. Define unha área chamada Terraloba, correspondente cos míticos dominios da Raíña Lupa, co que aspira a crear un imaxinario coherente e unificado inspirado nas lendas vinculadas a esta figura, como fixera o Códice Calixtino con respecto ao Apóstolo Santiago. Para elo, proponse funcionar como unha plataforma aberta á colaboración con centros educativos e axentes económicos e culturais para a elaboración de actividades e rutas de sendeirismo que permitan integrar nesta narrativa o patrimonio desta área, cun triple foco na divulgación, o turismo e o entretemento.