Baixo estas liñas adxúntase un traballo realizado polo alumnado de 3º da ESO do instituto Antonio Orza Couto, de Boqueixón, baixo a direción da súa profesora de Xeografía e Historia,
A filosofía deste proxecto parte da idea de que a posta en valor dos bens patrimoniais e a atracción dun turismo que aprecie os espazos naturais e a cultura pode permitir unha activación económica sustentable do medio rural que incremente o valor percibido da propia contorna ecolóxica e cultural por parte da poboación local. Este modelo, baseado en experiencias vivenciais e o coñecemento, converte os recursos naturais en activos que non é necesario extraer do territorio para obter un rendemento económico.
O proxecto enfócase en dúas áreas principais: por unha banda, a colaboración con centros de ensino para a realización dunha serie de actividades inspiradas no Códice Calixtino, entre elas, o trazado de roteiros que conecten distintos elementos destacados do patrimonio. Por outra, o impulso destes roteiros a nivel turístico en colaboración cos Concellos, guías turísticos e empresas locais. Deste xeito, unha ampla representación da poboación de cada bisbarra, desde o alumnado ata os axentes económicos e institucionais, poderán implicarse na conservación e promoción da súa propia contorna.