Nesta historia, que se corresponde coa primeira parte co Libro de Terraloba, cóntase a viaxe por Terraloba de dous estranxeiros chegados dun país afastado para dar sepultura aos restos do seu mestre. Atópanse cunha terra escura e hostil, dominada pola sinistra Raíña Lupa e o seu exército de lobos, en cuxas fontes, ríos, lagoas e fragas latexa aínda unha misteriosa maxia que terán que ser capaces de poñer ao seu favor para cumprir a súa misión.
