O Teu Camiño

Conxunto de creacións poéticas, ensaísticas, musicais, plásticas e audiovisuais inspiradas no concepto de “camiño”, entendido tanto como referencia ao roteiro xacobeo como no seu valor  metafórico de traxectoria vital dunha persoa.

Para poder incorporarse a esta web, as pezas deben achegarse ou enlazarse nun correo electrónico enviado a scriptorium@codex21.gal

I. Adaptación para centros educativos

Foto: jmgarzo- Empregada con licencia CC BY-SA 2.0

Trataríase de convidar o alumnado a realizar pequenas obras plásticas, redaccións, poemas ou recitais gravados en audio sobre o tema citado. O obxectivo é poñer en práctica un dos grandes principios da actual lexislación educativa: o cultivo da vocación e as calidades propias de cada alumno ou alumna e o incentivo da súa motivación para ser o que desexen ser. Cada centro educativo definiría os medios concretos a empregar para estas creacións, en función das materias que se sumasen á actividade.

Como introdución didáctica pódese explicar a importancia histórica e cultural do Camiño de Santiago como eixo de comunicación de Galicia con Europa, destacando o papel que tivo como vía de entrada de innovacións culturais no campo da literatura (cantigas galegas, ciclos bretón e carolinxio), a arte ( románico) e o desenvolvemento socio-económico; e tamén como ruta de saída cara a Europa de bens e produtos chegados a Compostela desde o mundo musulmán a través da Vía da Prata.

Unha vez realizados os traballos, podería enviarse unha seleccion dos mesmos a scriptorium@codex21.gal. Para máis información ver sección Participa

Materias nas que se podería empregar

O Teu Camiño é unha proposta especialmente pensada para as materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Inglés, Francés, Portugués, Latín, Educación Artística / Educación Plástica Visual e Audiovisual, Música / Obradoiro de Música, Artes Escénicas e Danza, Tecnoloxía / Programación (creación e publicación do material por medios dixitais) e Valores Éticos / Culturais e Cívicos e Titoría (reflexión sobre “o camiño vital” que queren seguir os alumnos/as). Ademais, pola versatilidade dos contidos, pódese axustar tamén a disciplinas como Ciencias Sociais / Historia e Xeografía, etc.

II. Adaptación á poboación xeral

Calquera persoa interesada en participar poderá enviar as súas propias creacións por libre para poder ser amosadadas na web.

Comments
Share

Leave a reply