Libro V do Códice Calixtino

Libro V do Códice Calixtino

Este texto foi unha peza crave para o renacer do Camiño de Santiago no século XX, cando se tomou como documento básico para fixar o trazado do Camiño Francés, descrito con sorprendente precisión nestas páxinas. O contido complementa os detalles incluídos no sermón Veneranda Dies do Libro I, e recolle unha serie de consellos prácticos para os peregrinos e opinións das xentes que habitan as comarcas que cruza esta ruta, retratadas nalgúns casos de xeito bastante negativo e difamatorio. Tamén define as etapas da viaxe, os lugares onde descansar, a calidade das augas e alimentos das distintas rexións e as reliquias para visitar nas localidades que cruza o Camiño. Termina cunha detallada descrición da Catedral de Santiago.

Hai poucas dúbidas respecto a que é obra de Aymeric Picaud, orixinario do Poitou, pois esta rexión francesa aparece descrita en termos eloxiosos. Probablemente o libro reflicte a experiencia de peregrinación do autor.

O texto contén algunhas das mostras de eúscaro escrito máis antigas conservadas.

Catrocentos anos máis antigo que a Guía de Roma de Palladio, o Libro V do Códice Calixtino considérase a primeira guía de viaxes de Europa.

Comments
Share

Leave a reply