Foto de cabeceira: Noel Feans – empregada con licencia CC BY 2.0

Actividades para os centros de ensino

Escolas e institutos como centros de creación e estudo da contorna

Actividades para os centros educativos da área de Terraloba

Unha liña de traballo clave de CodeX21 é a colaboración con distintos centros de ensino das “Terras da Raíña Lupa” (denominadas aquí Terraloba) para a realización dunha serie de actividades inspiradas nas lendas galegas e no Códice Calixtino. Estas actividades van dirixidas ao alumnado de Primaria e/ou da ESO, e están concibidas para ser empregadas tanto de xeito transversal, por un equipo de docentes, ou de xeito illado nunha determinada materia. O profesorado poderá seleccionar algúns dos traballos feitos nas aulas para que sexan amosados nesta web, que tamén recollerá enlaces aos blogs propios dos centros. As actividades inclúen a creación de rutas de sendeirismo entre distintos puntos de interese, que serán postas a disposición dos visitantes que se acheguen a esta rexión.

Obxectivos das actividades feitas polos centros de ensino

Como pode comprobarse na descrición das actividades, moitas delas integran elementos de varias materias do  curriculum educativo: Lingua e Literatura, Historia e Xeografía, Educación Física, Educación Plástica, Música, Ciencias Naturais, estudo de idiomas… e precisan da combinación de todas as competencias crave para o estudo da contorna ou o desenvolvemento dos traballos.

Ademais, CodeX21 mestura a literatura coa experiencia de descubrir unha paisaxe, o lecer coa educación, e as novas tecnoloxías con medios tradicionais como os libros impresos.

Este enfoque está en liña coa disposición da actual lexislación educativa de fomentar a aprendizaxe por proxectos.

Ao incentivar as creacións artísticas e literarias por parte do alumnado (dentro das actividades propostas aos centros), contribúese á promoción do seu talento, en liña co exposto no preámbulo da actual Lei Educativa  <<(…) Ningún país puede desperdiciar la reserva de talento que poseen todos y cada uno de sus ciudadanos, sobre todo en una sociedad que se caracteriza por el valor creciente que adquieren la información y el conocimiento para el desarrollo económico y social (…) Se trata de conseguir que todos los ciudadanos alcancen el máximo desarrollo posible de todas sus capacidades, individuales y sociales, intelectuales, culturales y emocionales (…)>> Además, la actividad Xestas do camiño impulsa una reflexión sobre las aspiraciones vitales de los jóvenes.

Ademais da participación do alumnado dos centros educativos da área en que se desenvolven as actividades, estas comportan a colaboración indirecta das súas familias e amigos, quen poden suxerir lugares ou elementos de interese para incluír nos roteiros, así como historias ou ideas para as creacións dos estudantes. Ademais, involucran a eses mesmos centros educativos como institucións destacadas da zona que abarcan.

Doutra banda, desde CodeX21 buscarase a colaboración dos  Concellos nas actividades relacionadas co sendeirismo: as corporacións municipais serán informadas das necesidades de acondicionamento ou sinalización que se puidesen detectar nos roteiros, e solicitaráselles albergar na web do Concello o mapa dos itinerarios trazados polos colexios e institutos.

Con este enfoque, procúrase a toma de conciencia achega do valor do propio patrimonio por parte de toda a poboación do municipio, e a implicación do conxunto dos veciños e veciñas na xestión do mesmo.

A participación dos alumnos e alumnas nas actividades, unido á natureza dalgunhas destas, require dunha reflexión previa e/ou unha elaboración artística pola súa banda, educando deste xeito a súa sensibilidade persoal. Moitas actividades préstanse a compartir vivencias persoais inspiradas directa ou indirectamente no Camiño de Santiago e no conxunto de bens que están nas súas raíces. Así, a experiencia de percorrido dos roteiros que se abren aos lados do Camiño Portugués, do itinerario da Traslatio e do Camiño a Fisterra, son un elemento esencial do proxecto. De feito, CodeX21 constrúese ao redor dun material lendario que se presenta como unha narración despregada sobre o territorio, e que para “lerse” debe percorrerse, vivirse en primeira persoa e experimentarse.

Mediante a asistencia na creación de blogs e canles de Youtube nos centros de ensino, CodeX21 colabora no desenvolvemento de plataformas TIC de uso educativo na área de Terraloba.

Por outro lado, a participación de distintos colexios e institutos en actividades relacionadas coa súa propia contorna pode ser entendida como un proxecto de colaboración entre distintos colexios e institutos. O obxectivo é a creación dunha rede colaborativa rexional entre as institucións que, precisamente, son as encargadas da transmisión de coñecementos á poboación nova, e converter un traballo centrado no local nun proxecto a grande escala, onde cada centro ocúpase da zona da que é referencia.

O desenvolvemento das actividades por parte dos centros ofrece un marco temático común ás distintas materias e cursos, o que permite resaltar as aplicacións prácticas dos contidos á realidade máis próxima do alumnado. Deste xeito favorécese non só a conexión interdisciplinar distintas áreas do coñecemento, senón tamén a relación entre todas elas e a contorna cultural e ecolóxica no que viven os estudantes.

Propostas de actividades para centros de ensino

Guía do Peregrino – Traballo realizado polo alumnado de 3ºESO do CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón)

Baixo estas liñas adxúntase un traballo realizado polo alumnado de 3º da ESO do instituto Antonio Orza Couto, de Boqueixón, baixo a direción da súa profesora de Xeografía e Historia,

Share
Polyphones

As Polyphones de CodeX21 inspíranse nas polifonías do Apéndice do Códice Calixtino, consideradas as primeiras obras de Ars Antiqua de calidade da historia de Europa. Neste caso, as polyphones correspóndense con interpretacións musicais cantadas, interpretadas con instrumentos, bailadas, etc, gravadas con teléfonos móbiles en actividades realizada polos centros educativos das terras da Raíña Lupa ou por calquera outra persoa interesada en compartir as súas creacións.

Share
Sendas e Lendas – Guía dos imaxinarios peregrinos

Esta actividade, que se basea na similitude entre os conceptos de “viaxe” e “relato”, consiste no trazado de roteiros de sendeirismo que conecten distintos elementos de interese natural e cultural da área de Terraloba de modo que poidan “lerse” camiñando. As rutas serán posteriormente marcadas sobre un mapa interactivo, con fichas explicativas dos distintos puntos de interese. Deste xeito, Sendas e Lendas constitúe a translación de elementos patrimoniais do mundo físico ao dixital, do acervo local ao universo cibernético global.

Share
Xestas do Camiño

Nesta actividade cámbiase o concepto de “milagres” atribuídas ao Apóstolo pola idea de logro persoal ou colectivo, e convídase a reflexionar sobre figuras que poden ser un exemplo de superación, perseveranza ou resistencia ante situacións adversas.

Share
O Teu Camiño

Esta actividade consiste na creación de contidos por parte dos centros educativos de Terraloba ou por persoas de calquera procedencia, nos que os salmos e composicións líricas e musicais en honra ao Apóstolo recompiladas no Libro I do Códice Calixtino se substitúen por pezas multimedia inspiradas no Camiño de Santiago ou no concepto “camiño vital”.

Share

Achegas de particulares de calquera idade e orixe xeográfica

O patrimonio como materia prima de creación e fonte de vivencias

Image
Ademais dos centros educativos, calquera persoas ou grupo de persoas pode participar no proxecto a través da realización de actividades inspiradas no Códice Calixtino, o Camiño de Santiago ou o goce e/ou divulgación do patrimonio das terras da Raíña Lupa. As propostas aquí listadas poden ser facilmente adaptadas para o seu desenvolvemento por libre. Tamén se aceptan novas ideas. Para calquera dúbida ou consulta, prégase contactar a CodeX21.

Propostas de actividades para particulares

Guía do Peregrino – Traballo realizado polo alumnado de 3ºESO do CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón)

Baixo estas liñas adxúntase un traballo realizado polo alumnado de 3º da ESO do instituto Antonio Orza Couto, de Boqueixón, baixo a direción da súa profesora de Xeografía e Historia,

More
Polyphones

As Polyphones de CodeX21 inspíranse nas polifonías do Apéndice do Códice Calixtino, consideradas as primeiras obras de Ars Antiqua de calidade da historia de Europa. Neste caso, as polyphones correspóndense con interpretacións musicais cantadas, interpretadas con instrumentos, bailadas, etc, gravadas con teléfonos móbiles en actividades realizada polos centros educativos das terras da Raíña Lupa ou por calquera outra persoa interesada en compartir as súas creacións.

More
Xestas do Camiño

Nesta actividade cámbiase o concepto de “milagres” atribuídas ao Apóstolo pola idea de logro persoal ou colectivo, e convídase a reflexionar sobre figuras que poden ser un exemplo de superación, perseveranza ou resistencia ante situacións adversas.

More
O Teu Camiño

Esta actividade consiste na creación de contidos por parte dos centros educativos de Terraloba ou por persoas de calquera procedencia, nos que os salmos e composicións líricas e musicais en honra ao Apóstolo recompiladas no Libro I do Códice Calixtino se substitúen por pezas multimedia inspiradas no Camiño de Santiago ou no concepto “camiño vital”.

More

Tes unha idea?

Non dubides en achegar as túas suxerencias!