Un modelo sustentable baseado nunha economía desmaterializada

Un modelo sustentable baseado nunha economía desmaterializada

Unha economía desmaterializada é aquela que se basea na produción de bens intanxibles, como experiencias ou coñecemento, e que depende máis da preservación dos recursos que da súa extracción. CodeX21 proponse a activación económica de comarcas rurais a partir da creación de relatos que aglutinen distintos elementos do seu patrimonio natural e cultural, de modo que se actúe sobre a formulación do valor deses bens, e se contribúa a que sexan non só coñecidos como tesouros culturais, senón tamén recoñecidos como activos económicos. Trátase pois de tomar o patrimonio como fonte de inspiración de proxectos que permitan o desenvolvemento de actividades derivadas de alto valor engadido, especialmente na área das TIC e as chamadas Industrias Culturais e Creativas.

Deste xeito, os recursos naturais pasan de ser cuantificados como meras materias primas a cualificados como fonte de inspiración de produtos e servizos de gran potencial, que ademais incentivan a súa conservación. De modo similar, os bens arqueolóxicos, históricos e inmateriais transcenden o mundo erudito e convértense en soporte de actividades que fomentan o seu coñecemento, valoración e conservación como o que son: patrimonio de todos.

Comments
Share

Leave a reply