Un proxecto de dinamización rural

Un proxecto de dinamización rural

O proxecto enfócase en dúas áreas principais: por unha banda, a colaboración con centros de ensino para a realización dunha serie de actividades inspiradas no Códice  Calixtino, entre elas, o trazado de roteiros que conecten distintos elementos destacados do patrimonio. Por outra, o impulso destes roteiros a nivel turístico en colaboración cos Concellos, guías turísticos e empresas locais. Deste xeito, unha ampla representación da poboación de cada bisbarra, desde o alumnado ata os axentes económicos e institucionais, poderán implicarse na conservación e promoción da súa propia contorna.

Unha das actividades para desenvolver cos centros educativos, Sendas e Lendas, prevé a visita a empresas dedicadas a artesanía, a agricultura biolóxica, a pesca… deste xeito estes establecementos quedarán integrados, xunto con elementos de interese patrimonial artístico, cultural ou natural, en itinerarios abertos ao fluxo de visitantes. A actividade de Sendas e Lendas tamén contempla a colaboración entre centros educativos e os respectivos  concellos para a sinalización e acondicionamento dos roteiros de sendeirismo, así como a promoción das mesmas nas webs municipais.

Comments
Share

Leave a reply