Como funciona esta web

Como funciona esta web

En CodeX21, a web é o Códice. Aquí se recompilaran ou referenciarán todos os contidos do proxecto, tanto os de creación propia como os achegados polos centros educativos e a poboación xeral. Ademais, ten a función de centralizar a información en torno ao proxecto e os seus contidos.

Como o Liber Sancti Iacobi, a Web está dividida en sete secciones: Carta Inicial, Libro I, Libro II, Libro III, Libro IV, Libro V e Apéndices; que desempeñan unha función análoga á que tiñan na obra medieval.

A “Carta Inicial” de CodeX21, que no manuscrito presentábase como unha epístola do papa Calixto, aquí ofrece información sobre o Códice Calixtino e o proxecto CodeX21.

A sección chamada “Libro I”, que no libro orixinal estaba integrada por un conxunto de obras líricas e musicais en honra a Santiago, reunirá nesta web obras multimedia inspiradas na figura de Raíña Lupa e outros temas do folclore, así como reflexións ao redor da idea de “Camiño”.

A sección “Libro II”, que no Códice de Xelmírez compilaba textos sobre os milagres atribuídos ao Apóstolo, en CodeX21 estará formada por creacións en distintos soportes acerca dos “milagres da vida cotiá” para resaltar as accións de persoas e colectivos que día a día son capaces de superar as dificultades ou que poden ser consideradas modelo de actuación nalgún campo.

No apartado “Libro III” reuniranse obras e relatos inspirados na lenda da Traslatio, pero centradas na Raíña Lupa e as historias de tradición oral.

En “Libro IV” recolleranse adaptacións da historia da viaxe a Compostela por Carlomagno, no que os “mouros” citados no Códice Calixtino serán substituídos polos seres do mesmo nome do folclore galego.

O “Libro V” equivale á Guía dos Peregrinos escrita no século XII por Aymeric Picaud por un mapa interactivo onde aparecerán representadas os roteiros elaborados polos centros educativos e as persoas afeccioadas ao sendeirismo.

Finalmente, os Apéndices funcionarán como unha base de datos ou índice do blog dividida en varias sub-seccións: un apartado chamado “Polifonías”, onde se recollerán cancións ou performances musicais gravadas con móbiles polo alumnado dos colexios e institutos das terras da Raíña Lupa ou por calquera outra persoa interesada en compartir as súas creacións; unha “wiki” ou enciclopedia interactiva sobre os personaxes, historias e escenarios do universo narrativo de Terraloba; e o apartado “Código Aberto”, onde se aloxarán artigos escritos por persoas que queiran enviar fichas sobre elementos patrimoniais de interese dentro das terras de Lupa.

Comments
Share

Leave a reply