
Os dous primeiros folios do códice conteñen unha suposta carta do Papa Calixto II dirixida á Asemblea da Basílica de Cluny, ao patriarca de Xerusalén e a Diego Xelmírez, flamante arcebispo de Santiago. Nela, o presunto Pontífice explica como documentou as milagres de Santiago, que serían a base do texto, “percorrendo as crueis terras e provincias durante 14 anos”. Tamén conta como o libro sobreviviría todos os perigos posibles, como incendios e inundacións.
Hoxe temos a certeza que non foi o Papa Calixto II, falecido en 1124, o autor deste prólogo, senón que foi incluído polos monxes cluniacienses para darlle maior autoridade ao seu traballo. Desta carta apócrifa, con todo, toma o códice o seu nome.