Navigation Menu

Únete a Galike

Colabora nalgunha das nosas marcas

Galike é unha iniciativa que está comezando e ofrece multitude de posibilidades de desenvolvemento para unha ampla variedade de perfís. Temos moitos proxectos en fase embrionaria que requirirían de socios/as no campo da programación informática, a redacción e tradución de textos, a gravación, edición e posprodución de vídeo e audio, a xestión cultural, ou o deseño gráfico. Actualmente só podemos asumir dous tipos de colaboracións: contratación de servizos de autónomo e pago por obra; ou socios/as que invertan coma nós o seu propio tempo e participen proporcionalmente dos beneficios.

 

Únete a nós co teu propio proxecto

Galike aspira a ser un ecosistema aberto a outras moitas iniciativas, unha constelación de webs de pequenas empresas relacionadas dun xeito ou doutro co patrimonio da nosa terra: estabelecementos de turismo rural, empresas relacionadas co aproveitamento sostible dos nosos recursos, proxectos do ámbito do coñecemento e as ICC, explotacións de agricultura biolóxica… en Galike alugamos espazos web ao tempo que fornecemos servizos de inbound marketing e promoción das nosas marcas, ben a través dos distintos blogues da rede como por medio da creación de bitácoras específicas asociadas co dominio da túa empresa. Isto permite gozar non só dos beneficios dun marketing de contidos, senón tamén dun marketing de “contextos”, situando a túa marca ou proxecto nun entorno de innovación crecente, con múltiples puntos de ancoraxe no territorio físico e dixital, a través de distintos sectores.

Ofrecemos un servizo de hospedaxe web, deseño personalizado da túa páxina, mantemento técnico e promoción da túa marca nos nosos blogues ou en bitácoras asociadas ao teu dominio por un prezo altamente competitivo. Para máis información podes non dubides en contactarnos a info@galike.net