Navigation Menu

Perfís persoais

Pablo Culebras

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, fórmase como autor, animador e deseñador de contidos en Milán, no campo da publicidade e o entretemento. En 2010 recibe o premio Mediastars do sector da publicidade italiano pola creación da serie Banca Etruria Informa.

A partir de 2011 comeza a traballar como director de proxectos na produtora galega FILMANOVA, centrándose no desenvolvemento de contidos multiplataforma. O primeiro embrión de Galike data do 2013, como marca para desenvolver proxectos relacionados co turismo e a promoción do territorio. Logo de varios anos como freelance no campo do deseño gráfico, o desenvolvemento de proxectos culturais e a organización de eventos, retoma a idea de Galike no 2017, como rede de marcas especializadas no traballo en distintas áreas.