Navigation Menu

O que é Galike

Galike é un proxecto creado coa vontade de tecer relacións entre empresas do eido das Industrias Culturais e Creativas, start-ups tecnolóxicas e iniciativas relacionadas co aproveitamento sustentable do patrimonio histórico, cultural e natural de Galicia.

En principio, nace como unha rede de marcas propias que ofrecen produtos e servizos relacionados coa divulgación, o turismo, o entretemento e a comunicación.

O obxectivo último é contribuír a un modelo de desenvolvemento adaptado aos retos deste século, que en lugar de tomar os nosos recursos como materias primas a extraer e consumir, os converta en activos inesgotables no marco dunha economía cada vez máis desmaterializada, centrada no coñecemento e as experiencias vivenciais, capaz de deixar un maior valor engadido sobre o territorio e de xerar industrias que, por estaren baseadas nas especificidades deste, contribúan á súa conservación,  á atracción e retención de talento e á xeración riqueza.