Navigation Menu

Eixes de actividade

A actividade de Galike céntrase en tres eixes:

  • Creación de contidos para distintas plataformas (libros ilustrados, aplicacións dixitais, xogos de mesa, vídeo…)  inspirados no patrimonio natural e cultural de Galicia e dirixidos ao ámbito do ensino, do turismo e do entretemento.
  • Desenvolvemento de ferramentas de comunicación para empresas e institucións que teñan un especial vínculo co territorio ou queiran facer deste un dos seus principais valores de marca.
  • Deseño de proxectos de desenvolvemento rural baseados na revalorización dos bens patrimoniais e a súa articulación dentro dunha oferta turística integral que permita potenciar a economía dun concello ou bisbarra.